02 janeiro 2013

De Bodega a Cooperativa.


Esta enquisa realiceilla a un viticultor, cuyo nome é José Gonzalez que nun principio formaba parte dunha bodega xunto con outros viticultores os cales realizaban  e vendían o seu propio viño, pero fai uns anos abandonou esta bodega e pasou a ser socio da cooperativa viña costeira, tamen coñecida como cooperativa do ribeiro.



¿Por qué abandonou a bodega que formaba anteriormente?
Pois xa que despois de varios  anos de colleita, non me supuxo ningún beneficio, pero si varias perdidas, xa que o viño que comercializamos non tivo moito éxito,  xa que é moi difícil competir ca calidade de outros viños que se aopan no mercado e decidimos pechar a bodega.

¿Por qué decidiu formar parte desta cooperativa?
Porque se trata dun sector moito máis amplio donde pensei e asi foi que eu podía sacarlle máis beneficio o meu viño, xa que se trata dunha marca recoñecida mundialmente, gañadora de varios premios, e garantizame a recollida da uva a un prezo razonable todos os anos. Polo que considerei que sería a mellor salida para o meu viño 

 ¿Qué tivo que aportar para formar parte da cooperativa?
En primerio lugar tiven que aportar un pequeno capital en metálico, xa que solo son un socio minoritario e a parte disto tamén tiven que aportar as miñas hectáreas de viñedo as cales se atopan dispersas.

José que é para vostede o latifundio e o minifundio?
-Pois o minifundio son pequenas parcelas, o que se da en Galicia e no meu concello  e pola contra o latifundio son grandes parcelas o que se da por exemplo en Andalucía.

Vostede considera que a concentración parcelaria é unha alternativa para a introducción do latifundio?
-Eu no meu caso, tendo en conta ao que me adico, considero que a concentración parcelaria si sería unha boa alternativa para introducir o latifundio, xa que así no meu caso e no de moita xente que eu coñezo  agruparianseme todos os metros dos terreos dos que dispoño, (que son moitos pero están bastante alexados uns dos outros) nun so e podería ter unha gran explotación de viñedo  e non pequenas e dispersas explotacións como teño ahora, que me dan beneficios igual, pero danme máis gastos de desplazamento, xa que gasto máis gasolina para o tractor… Enton eu estou a favor e de feito son un impulsor da concentración parcelaria, que espero que nun futuro remoto se realice.

Pero vostede non considera que o gasto que levaría a cabo a introducción da concentración sería moi elevado?
-          Depende o punto de vista con que o mires, eu considero que si ten un gasto pero vale realmente a pena xa que ao dispor de parcelas máis amplias a xente vaise animar a voltar hacia as aldeas xa que poderá obter moitos beneficios  das súas explotacions. Pero claro non todo o mundo está de acordó coa concentración parcelaria porque pensó que en certa medida a xente de idade avanzada ten un concepto distinto e pensan que solo trae problemas, porque consideran que lle quitan propiedades entre outros aspectos. 
P
PPosteriormente vou introducir unha fotografia do viñedo: 

Elaborado por Victoria Estévez González



e











Nenhum comentário:

Postar um comentário