17 janeiro 2013

Conclusións en busca dunha solución

O conflito da terra é un tema que da pé a diversos planteamentos do seu uso, tratamento, beneficios... o estudo no cal nos centramos nós é o latifundio brasileiro e o minifundio galego. No meu caso as aportacións maiores foron centrandome no tema o cal coñezo de primeira persoa. 

Galicia é unha comunidade na cal o minifundio está acollido como forma principal de aprobeitamento da terra pero non é certo na súa totalidade. Actualmente a concentración parcelaria está aparecendo para paliar o problema do aprobeitamento optimo das parcelas. Comprobamos como diversas persoas nos falaron do seu caso e situación e maioritariamente coincidian en que a concentración non era, neste momento, a solución. 

Non tivemos a oportunidade de coñecer máis opinións xa que algunhas institucións, asociacións etc non quixeron contestar as nosas preguntas ou mesmo respostabannos cun simple non. Deste xeito as aportacións que si tivemos coinciden coa miña opinión. É certo que o minifundio é a maneira tradicional de aprobeitar a terra na nosa agricultura e debido aos diversos factores e tipos de relevos que en Galicia atopamos non hai disposto outra maneira para substituila. A concentración si é unha boa opción pero os gastos que xera a súa implantación e que resulte rentable serían a moi longo prazo ou mesmo non existirian.

Podo concluir con que si hai conflicto na terra como xa amosamos durante todo este tempo pero debemos ter en conta que seguir apostando por un minifundio non é a mellor opción. 

Será posible atopar un sistema intermedio entre as duas posicións que logre acabar con este problema?  Aberto segue o debate.



                                                                                                                      Sara Otero Álvarez

Nenhum comentário:

Postar um comentário