12 dezembro 2012

Emotivas e sinceras palabras dun ex-labrego e gandeiro.


Nesta entrada, vamos introducir unha entrevista que lle realicei a un ex labrego e gandeiro do meu concello (Cartelle) que reside no pobo de Santo tomé. O seu nome e Pepe Estévez, e as preguntas que lle deciden formular  foron as seguintes:

1- Pepe, polo que eu teño entendido usted fai uns catro anos aproximadamente tiña unha granxa. ¿ Por qué motivos a deixou?
Si certo é, eu tiña unha granxa na que traballamos eu e máis a miña muller, e os motivos polos cales a deixamos foi máis que nada porque me xegou a edad da xubilación, e miña muller caeu enferma e hoxe en día xa non me era rentable tela porque me supuña moito traballo e ningún beneficio, solo me quedei con duas vacas que me dan  leite pa familia, e despois alguna galiña para os ovos e un que outro becerro, pero todo para o consumo propio. 

2- Vostede, polo que eu sei ten 2 fillas e un fillo ¿ningún quixo quedarse coa granxa e coas terras?
Non teñas medo nena, eles tan pronto lles dixen que íamos deixar a granxa e as terras que traballabamos, botaron fuegos, pasan a  semana na cidade e solo veñen aquí de viernes a domingo, e veñen para descansar, as veces si van co tractor arar as parcelas máis pequenas e que están cerca da casa, nas que cultivamos patatas, productos de horta, pero todo para o noso consumo. Xa que eu considero que non hai mellores productos que os que cultiva un mesmo, que os que se venden no supermercado a saber como foron eleborados. 

3- Cando tiña a granxa e as terras en funcionamento, ¿Os productos que extraía delas era solo para o autoconsumo?
Pois, fai uns vinte anos ou máis, vendiamos leite principalmente a xente do pobo, que viña asta a nosa casa con botellas de litro, as cales se lles enchian de leite, tamén tivemos un ano, que se non me equivoco foi o 1995 unha moi boa colleita de patatas, as cales as vendimos  a unha empresa de Xinzo de Limia, moi ben pagado o quilo, e en Setembro cando realizábamos a vendima tamén lle sacábamos moito beneficio ao viño, o cal ía para as cooperativas do outro lado do río, e bueno tamén vendimos becerros e porcos, tanto vivos como mortos. A verdade e que me deu moita pena deixar a granxa, pasei noites e noites dandolle voltas a cabeza, porque ahora estes últimos anos ainda que non houbese case beneficios, eu ía pali e pasabanseme as horas voando, era feliz traballando, pero este traballo a min so érame imposible lévalo.

4- Polo que me dice daballe bastante traballo a granxa e as terras. ¿Introduciu alguna tecnoloxía?
Non ninguna, nos ordeñábamos as vacas manualmente, cando unha se puña de parto pasábamos toda a noite onda ela, as terras aramolas co tractor propio, polo general iamos pa granxa as seis da maña hasta ás doce do mediodía comíamos e pas terras pola tarde, e creo que si houberamos introducido alguna tecnoloxía non lle sacaríamos tanto beneficio, teriamos menos traballo, pero solo os cartos gastados en compralas non sería rentable. Non tiñamos vida propia, nin os domingos podíamos ir a moitas celebracións pero eu sigo decindo que antes era feliz traballando e ahora tamén o son pero non sei como matar o tempo. 

5- ¿Considera que o tamaño das parcelas e o adecuado? ¿Ou debería introducirse a concentración parcelaria?
Non me fales da concentración parcelaria que me trae negro, aquí en cartelle que se deixen da concentración parcelaria que non ten sentido ningún, estou farto de ir a reunións, andar polas parcelas e total para que, se nadie se pon de acordó, porque non sei pa que queren agrupar as pequenas terras que estean afastadas nunha sola parcela, se total hoxe en día esta todo ermo, e nadie se vai por a traballar a  amplas escalas a terra, aquí desde sempre se deu o minifundio e convertelo nun latifundio non e a solución, creo que a concentración parcelaria so sería positiva para edificar, xa que os solares serían máis grandes, pero con esta crisis olvidarse de edificacions. Ademáis traería moitos gastos para o concello.

6- Vostede imaxinase ¿Cómo será o seu pobo nun futuro?
Pois, eu imaginome que este pobo desaparecerá e eso que hay moita xente nova, pero solo ben os fines de semana, pola semana seremos uns 60 veciños como moito e todos de idade avanzada que dentro dunhos anos estaremos no outro mundo. Ojala me equivoque e siga habendo Santo Tomé por moitos anos máis, e que as fincas non queden ermas, que estea todo labradiño, pero creo que isto so queda nun bonito soño, porque non lle vexo futuro ningún, ou tal vez son eu que son pesimista.  Nena, tu que es nova anima a xente a vir para os pobos que é o mellor que ai tranquilidade, boa relación cos vecinos, o paraíso eche esto…

                                                                                           Elaborada por: Victoria Estévez González

Nenhum comentário:

Postar um comentário