26 novembro 2012

Solución ou problema para o minifundio galego?

A cuestión do minifundio galego levou  a grandes problemas de división da terra e como método de “prevención” ou alternativa introduceuse a concentración parcelaria no ámbito.


A concentración parcelaria  é unha actividade, situada no ámbito da inxenería civil agronómica, consiste na agrupación de parcelas dun propietario no menor número posible destas. A parcela ou parcelas resultantes denominase finca de reemplazo. Esta actividade levase a cabo na maior parte dos países europeos os cales por motivos históricos principalmente as parcelas dividironse por herencias provocando un fraccionamento excesivo das fincas rústicas.
En Galicia dificultou o crecimento das explotacións agrarias, a utilización de maquinaria e o excelente aprobeitamento da superficie. Un exemplo de como se esta levando a cabo atopamolo na Consellería de Medio Rural e do Mar o cal teñen como prioridade a axilización dos trámites das concentracións parcelarias que están na fase final de execución, a finalidade é que os propietarios poidan conseguir unha maior rentabilidade da producción agraria e unha mellor ordenación da terra en función dos usos.
As actuacións deberán ser aprobeitadas para incrementar a rentabilidade económica e social, revalorizar as fincas concentradas, facilitarlles o acceso as súas propiedades e servir de impulso para a implantación de novas explotacións e proxectos de carácter empresarial no ámbito rural.

Exemplo das terras tras a concentración parcelaria.



Como algo adicional podemos citar a Ley 12/2001 do 10 de setembro, de modificación da Ley de concetración parcelaria  para Galicia. Na cal vemos os diversos cambios que se produceu na anterior Ley 10/1985.

Sara Otero Álvarez


4 comentários:

  1. Moi interesante, pero senón se produce un avance por parte da Consellería para a axilización dos trámites das concentracións parcelarias, que pasaría?

    ResponderExcluir
  2. Se a Consellería non realizará os trámites de axilización as concentracións serían máis lentas pero a súa existencia seguiría sendo a mesma. O principal problema non é o tempo de espera senón que é a maneira de agrupar as terras e como se reparten de novo.

    Sara Otero

    ResponderExcluir
  3. Sara, me gustaria ver como relacionas esta entrada coa entrevisa ao director xeral de Icos. Que podes dicir ao respecto?

    E como interpretas a viñeta co chiste? por que afirma eso o observador?

    ResponderExcluir
  4. A relación que atopo entre ambas entradas é bastante complexa. Sacamos que a concentración parcelaria sería beneficiosa para as explotacións galegas de hoxe en día,axudando a mellorar a distribución e un mellor aprobeitamento.Debemos ver ao mesmo tempo o problema a hora de como se realizan estas divisións e a maneira de repartilas entre propietarios.Creo que a visión do director xeral de Icos é a máis realista pero nesta entrada tamén vemos que a concentación parcelaria saca características do territorio que non podemos plantexar coa existencia do minifundio.

    A viñeta fai referencia a reacción dos terratenientes, vense totalmente perdidos xa que as súas terras pasan a ser unha maior pero única. A maneira de expresarse fai referencia ao cambio que sufren e como afecta nestes.

    Sara

    ResponderExcluir