26 novembro 2012

AGRICULTURA FAMILIAR GALEGA

          Enténdese por agricultura familiar o cultivo da terra, realizado por pequenos propietarios rurais. Parece que a  pequena explotación familiar, acadou un equilibrio entre estilo de vida, mercado e cultura.


         
         Nesta imaxe, podemos ver unha pequena explotación familiar, na cal se cultivan diversos cultivos como ensalada entre outros, os cales poden ser destinados para o autoconsumo ou ben para a venta no mercado. 
       Debemos destacar que para potenciar a agricultura familiar, temos hoxe en día varias iniciativas como sería o caso de Galicia Auténtica, a cal foi posta en marcha por Granxa familiar, asociación para o desenvolvemento da agricultura familiar (ADAF) e o grupo  de investigación Sociedade Tecnoloxías e territorio (Gist. IDEGA). Que tiña como principal obxectivo potenciar o territorio galego, facelo máis atractivo…

         Actualmente algunhas das explotacións familiares existentes en Galicia producen para o mercado, pero estas seguen mostrando problemas. En Galicia temos un minifundio cunha agricultura familiar a cal se atopa en certa medida integrada no mercado. 
        Polo que puiden observar no meu concello (Cartelle) hoxe en día a agricultura familiar, está unica e exclusivamente destinada ao autoconsumo, xa que as familias dispoñen de pequenas parcelas, ou hortas, nas cales cultivan vedura, fruta, patatas, é decir os alimentos básicos. Pero falando coas persoas de idade avanzada comentabanme que anos atrás os productos que obtiñan nas suas leiras, eran levados ao mercado, o cal se situaba na capital (Ourense), onde se vendían a precios asequibles, pero presentabase o inconvinte de que tiñan que competir con outros vendedores, e ao realizarlle o interrogante de ¿Qué técnicas usaban para competir? Atopeime que unha das principais técnicas era baixarlle o prezo os productos, xa que consideraban que a largo prazo saian gañando,xa que non tiñan que voltar con eles para a casa e algo de beneficio obtiñan. Polo que puiden observar a agricultura familiar foi modificandose a medida que avanzaba o tempo.

Tendo en conta todo o anterior plantexaseme o seguinte interrogante:

¿Qué podemos esperar do futuro da agricultura familiar Galega?

Por: Victoria Estevez Gonzalez



6 comentários:

  1. Moi ben Victoria, pero en granxafamiliar non compiten baixando os prezos. Cres que en Cartelle funcionaría algo similar a granxafamiliar?

    ResponderExcluir
    Respostas
    1. Eu considero que o que leva a cabo granxa familiar é un bo proxecto, pero ay que ter en conta que aqui en cartelle, as terras son propiedade de moitas persoas as cales soen ser de idade avanzada,e non se atreven a invertir nin levar a cabo operacións como a de granxafamiliar por medo a que lles saia mal e perdan todo, polo que eu coñezo prefieren competir baxando os prezos, xa que consideran que aunque obteñen poucos beneficios, polo menos dalle para susanar os gastos que levaron a cabo cos cultivos, fertilizantes, traballo persoal... Ter certos coñecementos sobre internet, polo que hoxe en día e tal cual están as cousas neste concello non creo que funcionaria, pero nun futuro remoto eu se tivera os medios suficientes si me embarcaria nun proxecto como o de granxafamiliar. Victoria Estévez

      Excluir
  2. Eu tamen son de Cartelle. A entrada pareceme realmente inteesante, pero Victoria pensas que a agricultura familiar podería chegar a converterse nunha agricultura mediante a cal se poderían gañar cartos, sempre e cando se introduzca a concentracción parcelaria?

    ResponderExcluir
    Respostas
    1. boas tardes judit, desde o meu punto de vista considero que no referente ao concello de Cartelle a agricultura non chegara a converterse nunha actividade a través da cal se poidan chegar a gañar cartos, xa que cada vez as parcelas están mais abandonadas, e ten en conta, que a concentración parcelaria acarraria moitos gastos, nun concello como Cartelle non sería unha boa opción, xa que o latifundio non chegaría a implantarse, e ten en conta tamén que a xente que se adica a traballar as terras cada vez e máis maior, e hai un alto porcentaxe de terras abandoadas. Eu farialle unha pregunta ¿ Como ve vostede o futuro do noso concello?

      Victoria Estévez gonzález

      Excluir
  3. Eu non entendo moito de cultivos, nin de agricultura familiar, pero ne miña humilde opinión, creo que o cambio deberase a unha iniciativa persoal do campesino labrego,de querer promocionar os seus productos e crear unha pequena empresa xunto con outros, algo similar á granxafamiliar.

    julia pozo.

    ResponderExcluir
    Respostas
    1. Julia, eu tamen comparto en certa medida a tua opinión, pero pensa que hoxe en día e moi complicado crear unha empresa con outros labregos, xa que cada vez hay menos xente e a pouca que hai non quere implicarse eu faloxe no referente ao meu concello (que é o que coñezo en primeira persoa)xa que cada un considera que os seus productos son mellores que os dos outros, e nadie se atreve a faer unha inversión tal e como están os tempos por medo a perder as súas terras ou a perdelo todo.Pero o que esta claro e que levar proxectos como o de granxa familiar é a meyor opción que se pode escoller

      Victoria Estévez

      Excluir