A sociedade Cooperativa Galega
ICOS é unha empresa creada o 26 de Decembro de 2000, foi construida pola fusión
de catro cooperativas da zona anteriormente conocidas como Chataca e Coofaro de
Chantada, Medela de Taboada e Codiproga de Carballedo. Situase dentro da
comarca de Chantada, tendo un campo de influencia dentro da mesma zona ademais
de Taboada, Carballedo,Monterroso, Antas de Ulla, Portomarín e o Savinao na
provincia de Lugo, e Cea e Vilamarín na provincia de Ourense.
Conta cun total de 867 socios
cunha media de idade de 46 anos. Desenvolve as actividades no marco
socioeconómico e político preto de 900 explotacións gandeiras, socias de catro
cooperativas.
Os tipos de actividades que se desenvolven
son comercialización do leite, servizos sobre instalación, de abastecemento, de
maquinaria, de mantemento, horta e viñedo e servizos de atención e
asesoramento.
A seguir, a entrevista que nos
concedeu o director xeral da cooperativa, Jesús Bardelás Hermida.
1- Cales cree vostede que son os usos máis importantes hoxe
en día da terra?
Dende logo a nos o que nos interesa e o productivo. Pode
haber zonas nas que pola sua situación xeográfica ter outros usos
(urbanísticos, etc.)
Dentro dos usos agrarios na nosa comarca o principal e de
producción de forraxes (herba e millo), en cantidades pouco significativas
producción hortícolas e últimamente están xurdiron produccións forestais como
consecuencia de abandono da producción gandeira, moitas veces en zonas que non
se deberán deixar transformar en forestais.
2- Esta dacordo coa introducción da concentración parcelaria
como saída do minifundio?
Da forma na que se fixo ata agora non. E unha reordenación
moi traumática, tanto polo tempo como polas formas. Parécenos que se deberían
intentar fórmulas mais sinxelas e de menor custe, como facilitar as permutas
entre particulares eliminando os impostos e subvencionando os trámites rexistrais.
Outra via interesante podería ser involucrar a axentes activos no medio como as
cooperativas etc.
De facelo mediante concentración, vía que neste momento creo
que está morta por a falta de fondos, seriamos partidarios de modificar a lei
que regula as concentracións para falelas en menos tempo e con menos
reclamacións.
3- Que supón o minifundio galego para as cooperativas deste
tipo?
Tanto para as cooperativas como a nosa que conta con un
parque de maquinaria como para os propios agricultores e gandeiros supón un
encarecemento da mecanización, unha falta de aproveitamento de moitas parcelas
por a sua pequena dimensión, unha perda de superficie útil por a presencia de
muros e corredoiras, unha dificultade a hora de xestionar a superficie para determinados
cultivos, axudas, etc.
4- Cree na posibilidade da introducción do latifundio en
Galicia? Sería unha boa opción?
Habería que matizar que entende o fai a pregunta por
latifundio. Se entendemos por concentración en superficies maiores de 5 ha. a
resposta e non.
5- Afecta dalgún xeito notable á producción a maneira de
explotar a terra no noso territorio?
Por suposto, aínda que afecta mais os custes de explotación
en si que a producción. Evidentemente a producción afecta na medida en que
algunhos cultivos non poden implantarse en parcelas de pequeño tamaño porque
non son capaces de traballar nelas máquinas de alto rendemento e de mellor
aproveitamento da colleita por a forma de traballar (colleitadoras). En
minifundio tampouco se poden usar técnicas de cultivo mediante guiado por
satélite, moi útiles tanto para sementeira como para abonado.
6- Cal ve ou pode intuir que será o futuro na distribución
do territorio na nosa Comunidade?
Pensamos que vai haber unha concentración de superficie en
aquelas explotacións que consigan manterse. A curto plazo non será factible a
eliminación de lindes (cercas, muros, marcos,..) aínda que a medio prazo e
mediante o uso de novas tecnoloxías debería ser posible a xeolocalización das
parcelas e deberían poder eliminarse.
7- Dun xeito global e tendo en conta o ámbito no cal vostede
se move podería darnos unha visión e valoración de como este asunto toca a
cooperativa ou se non afecta a distribución do territorio a esta sociedade.
Como xa comentamos nas preguntas anteriores a incidencia que
ten o tamaño das parcelas podemos resumila en:
- - Encarecemento
de custes por mecanización
- - Impedimento
de implantación de cultivos
- - Perdida
de produccións por menor superficie útil
- - Perdida
de valor da terra sobre todo de fincas inaccesibles ou de reducido tamaño.
A nosa cooperativa está facendo todo o posible por mobilizar
as terras abandonadas ou que de non ter unha rentabilidade económica mediante
alugueres poden acabar en usos forestais. Non é unha tarefa sinxela dado o
valor sentimental que ten a terra no rural galego. Pensamos que debería haber
unha lei, o igual que existe en outros países, que obligara a manter as terras
en producción para poder xubilarse.
Do mesmo xeito hai moitísima terra en Galicia que está sin
producir, sobre todo en zonas onde a agricultura e a gandeiría non ten peso
específico. Non é que estas actividades sexan as únicas que mobilizan terra,
pero pode verse que nas zonas nas que hai unha actividade gandeira importante o
porcentaxe de terras improductivas e menor.
Tamén poderíamos falar de esas zonas nas que hai terras en
desuso e que moitas delas están ubicadas en zonas climáticas que permitirían
usos hortofrutícolas.
Cooperativa Chantada:
Sara Otero Álvarez
Moitos parabéns, Sara, entrevista moi interesante.
ResponderExcluirGustariame saber en que estás de acordo e qué estás en desacordo?
A visión que nos da na entrevista é bastante realista para os nosos días. As formas de tratamento da terra e de explotación son para min as máis acertadas. En canto a posible introducción do latifundio en Galicia creo que non é posible nin a corto nin a longo plazo.
ExcluirE por que non é posible o latifundio en Galicia?
ResponderExcluirParabéns polo blog
Hoxe en día Galicia é un territorio que está moi fraccionado territorialmente. A existencia do minifundio está moi extendida e ,pola contra , a resposta que se da para reducilo é a concentración parcelaria.
ResponderExcluirO latifundio na nosa Comunidade non é posible dende o meu entendemento. O número de explotacións cun mesmo uso do solo ou se cadra unhas mesmas condicións non son os suficientes como para ser capaces de producir un beneficio. O latifundio está orientado a unha maneira de explotar moi intensa e en Galicia os medios que temos non son os mellores para ofrecer este tipo de actividade.
Moitas grazas. Sara