As actividades do sector
primario en Galicia, sobre todo a agricultura, teñen un gran desenvolvemento ao
redor dun 9 % da poboación activa galega está ocupada no sector primario.
Debemos ter en conta que a agricultura Galega, caracterizase polo minifundismo,
esta baseouse no policultivo e no traballo intensivo. Nos últimos tempos, o
sector experimentou cambios profundos cara á súa modernización. No referente a
agricultura Galega vou centrarme no meu concello Cartelle trátase dun municipio
que se atopa situado na parte occidental da provincia de Ourense. No seguinte
mapa podemos ver a locaclización do concello (destacado con cor vermello) do
cal imos a falar a continuación:
http://www.google.es/imgres?q=cartelle&um=1&hl=es&sa=N&biw=1366&bih=548&tbm=isch&tbnid=QJiwLueNMAgmMM:&imgrefurl=http://ca.wikipedia.org/wiki/Fitxer:Situacion_Cartelle.PNG&docid=_yUavDbLbgG8UM&imgurl=http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/d/de/Situacion_Cartelle.PNG&w=500&h=500&ei=GYyiUOTnOK2b1AW0kYD4Cg&zoom=1&iact=rc&dur=184&sig=109311675654501115500&page=1&tbnh=140&tbnw=140&start=0&ndsp=18&ved=1t:429,r:3,s:0,i:78&tx=34&ty=48
Posteriormente
vou introducir un mapa de elaboración propia no que se pode ver con mais
precisión e facilidade as diferentes parroquias que integran o concello:
Neste
concello predominan as pequenas parcelas, as cales están traballadas polos seus
propios donos, xa que na meirande parte dos casos empreganse para o
autoconsumo. A seguinte fotografía é de elaboración propia realizada neste
concello, pode considerarse como unha parcela grande, xa que as outras que
integran este territorio son de menor tamaño.
Os
principais cultivos son os seguintes: Plantas forraxeiras (millo forraxeiro): O
cal se utiliza para alimentar ao gando. Cereais como o trigo ou o centeo. A
vide: Neste tipo de cultivo, ainda que a meirande parte e para o autoconsumo,
determinadas familias que teñen unhas grandes extensions de terreo adicadas a
este cultivo vendeno co obxectivo de acadar beneficios. Na seguinte fotografía
amosase unha viña deste concello:
Pataca: É un cultivo
tradicional moi apreciado pola súa calidade e sabor.
http://www.google.es/imgres?q=plantacion+de+patatas+en+galicia&um=1&hl=es&biw=1366&bih=517&tbm=isch&tbnid=WqcnoMgAhbAxtM:&imgrefurl=http://www.floresyplantas.net/flores-plantas/plantas-horticolas/el-cultivo-de-la-patata-i/&docid=xp46FdlbNyYT9M&imgurl=http://www.floresyplantas.net/wp-content/uploads/cultivo-de-patatas.jpg&w=560&h=407&ei=TZCiUKHaF8fY0QW8zIGwAQ&zoom=1&iact=hc&vpx=119&vpy=161&dur=431&hovh=139&hovw=204&tx=128&ty=65&sig=109311675654501115500&page=1&tbnh=139&tbnw=204&start=0&ndsp=12&ved=1t:429,r:0,s:0,i:66
Debemos
ter en conta os Cultivos hortícolas: Tomate, leituga, cebola, repolo, coliflor,
as extensións nas que se cultivan estes productos soen estar moi próximas as
casas e ter un pequeno tamaño, xa que estes cultivos empreganse única e
exclusivamente para o autoconsumo. Tal e como se pode ver na seguinte fotografia.
Elaborado por: Victoria Estévez González
Pero por que en Galicia temos o minifundio e non o latifundio?
ResponderExcluirA existencia do minifundismo en Galicia, dende o meu punto de vista, ven dado polas economías tradicionais, unha tecnoloxía atrasada e unha inversión de capital moi escasa. Os poseedores das terras non dispoñian dun nivel de vida alto e víanse obrigados a repartir a terra entre os seus descendentes, creando así un agravamento do problema dos tamaños das parcelas. Hoxe en día o problema cada vez faise máis notorio e o latifundio como nova técnica de explotación é imposible de establecer.
ExcluirSara Otero Álvarez
Pero o que dís tamén acontecedeu noutros lugares de España e non teñen minifundio?
ResponderExcluirDebes documentarte sobre esto. Busca na Rede algún artigo que te permita saber máis.