Todo tema de estudo basease nunhas nocións anteriores básicas que dan pé a
seguir investigando e profundizando sobre o asunto. Nós, deste xeito, queremos
poñer a disposición de todas as persoas con interese no conflicto da terra,
en Brasil e Galicia como noutros diversos lugares, información sobre o
sucedido e o avance da cuestión.Buscamos non crear e pasar a ser un blog
repetitivo e así poder aportar novidades sobre este conflicto dando a coñecer
ou mesmo utilizalos como introducción dos nosos estudos.
Destacamos
por tanto varios artigos e estudos que se familiarizan bastante coa situación
que queremos ensinar ao público:
1.- “O minifundio sostible como novo
escenario para a economía galega”,
pon en relación a existencia do minifundio en Galicia e como este é capaz de
intervir na economía galega e dalgun xeito influenciala en gran medida.
2.- Brasil: “Latifundio: el pecado
agrario brasileño”, mostra
dun xeito sintetizado a introducción do latifundio en Brasil e como desfavorece
a agricultura xa existente por unha moi comercial e vinculada ao comercio
exterior.
3.- “El problema agrario de Galicia”, tratando sobre o proceso como un
cambio por derribo e que deixa a Galicia nunha situación desfavorable.
Quizáis
son pequenas aportacións pero creemos que é necesario ter unhas nocións básicas
e logo ir aportando se é necesario máis artigos ou obra sobre isto.
Victoria Estévez González
Sara Otero Álvarez
De acordo Victoria, pero tes que ler e comentar os tres documentos. Moi boa iniciativa
ResponderExcluir